martes, 18 de febrero de 2014

Pío Baroja en Lugo

Pío Baroja en Lugo


No ano 1935 a revista Estampa de Madrid encarga ao escritor Pío Baroja unha serie de artigos sobre o percurso do carlista xeneral Gómez por diversas localidades do norte peninsular. Imaxinamos que o encargo non desgustou a Baroja que sempre foi o novelista das guerras carlistas por excelencia. Daquelas reportaxes conservamos esta fotografía de Baroja en Lugo.



Dous meses antes o filósofo lucense Celestino Fernández de la Vega publicaba nas páxinas de El Progreso un artigo gabando o seu estilo atemporal. Celestino coñeceu a Baroja en Madrid, nos parladoiros de “La Granja del Henar”, onde tamén acudían outros intelectuais galegos como Gamallo Fierros. 






Se cadra foi Cilistro quen o convidou a vir por Lugo e pasear pola muralla. Se cadra o mesmo De la Vega fixo de cicerone a un Baroja afogado en imaxes de guerra decimonónica e ao que Lugo se lle abría como a derradeira reserva espiritual dun mundo esgotado. O novelista Juan Benet dicía que un Baroja vello, arrastrando os pés ata enguruñarse nun sofá,  sempre se laiaba da morte da novela: <Despois de Stendhal nada>, seica dicía. Os vellos sempre teñen razón.   

No hay comentarios:

Publicar un comentario