lunes, 24 de marzo de 2014

Documentos para a recuperación da memoria lucense (II): O Gobernador Civil de Lugo, Ramón Ferreiro, e a súa colaboración co nazismo.
Ramón Ferreiro nun mitin falanxista

A principios de Febreiro de 1942 o axente consular nazi en Monforte de Lemos, faille entrega a Ramón Ferreiro Rodríguez-Lago, Gobernador Civil de Lugo e Xefe Provincial do Movemento, dunha insignia moi especial. Era a Orde do Mérito da Aguia Alemá. Esa condecoración foi creada por Adolf Hitler en 1937 para aqueles estranxeiros que se destacaran no apoio á causa nacional socialista.  Ao acto asistiron autoridades lucenses e xerarquía falanxista. É recollido polas páxinas de “El Pueblo Gallego”.
Nova de "El Pueblo Gallego". Febreiro de 1942.


O certo é que durante os anos que Ramón Ferreiro Rodríguez foi o máximo responsábel (1938 a 1943 -non desde 1939 como aparece nalgunhas publicacións-) do movemento franquista na provincia, a construción e actividade do exército hitleriano en Lugo serían claramente potenciadas. Neses anos constrúense as torres do Arneiro en Cospeito, que serían os piares das comunicacións nazis para o norte de Europa durante a guerra, probabelmente creadas a instancias do responsábel da Gestapo en Sevilla, Gustav Draeger, e posteriormente tamén o emprego do aeródromo de Rozas.  Se ben o uso frecuente do aeródromo prodúcese no intermedio en que Ramón Ferreiro Rodríguez deixa eses cargos polo seu nomeamento
Orde do Mérito da Aguia Alemá
como Director Xeral de Ensinanza Profesional e Técnica, non temos dúbida que a condecoración nazi ten que ver coa colaboración de Ferreiro nestes dous proxectos. A orde do Mérito non era entregada máis que a simpatizantes e colaboradores do réxime nazi, segundo varios historiadores, e era a máxima distinción que o Terceiro Reich dispensaba aos estranxeiros.
Libro de Ferreiro Rodríguez co seudónimo Jacinto Soledad

Ramón Ferreiro Rodríguez ten unha avenida en Lugo e a distinción da Medalla de Ouro da cidade. O concello aprobou a súa retirada do rueiro municipal pero a día de hoxe continúan as distincións.    

No hay comentarios:

Publicar un comentario