Emilia Docet: De “Miss España” a militante do Partido Galeguista.
O 24 de Abril do
ano 2013 un artigo do Faro de Vigo afirmaba que Emilia Docet (1915-1995), a
famosa miss España que se converteu no símbolo público do galeguismo dos anos
30, non tiña apenas relación co mundo organizado do galeguismo. No xornal vigués publicábanse unhas
declaracións da familia de Emilia Docet:
Emilia Docet na popular revista Estampa |
"El ambiente de los nacionalistas de
Vilagarcía le agradó mucho por el tono intelectual e idealista de sus
conversaciones, que contrastaba con el ambiente que había vivido antes en Vigo
y especialmente el que había tenido que pasar durante los concursos de belleza,
a los que había sido empujada por una parte de su familia, pero para Emilia
Docet el galleguismo fue algo circunstancial y, su actuación en el histórico
mítin de As Arengas en 1934, una casualidad". La familia de Emilia Docet
ha roto el silencio mantenido durante años en torno a la que, en 1933, fue
elegida Miss España para, en palabras de su portavoz e hijo, Francisco Novoa
Docet, desmentir las tergiversaciones que se han hecho de la imagen de su madre
y, muy especialmente, aquellas que atañen a los calificativos de "musa del
galleguismo" o "musa de los republicanos gallegos",
calificativos que, sostiene, no se ajustan para nada a la realidad. "Que
mi madre simpatizó con algunos galleguistas es cierto, pero nunca militó en ese
partido ni se dedicó a hacer campaña electoral". Y es que a los 17 años,
no era precisamente la política el tema que mayormente ocupaba y preocupaba a
aquella bella mujer.
Emilia Docet recibida por autoridades en Vilagarcía |
Lo que se ha pretendido
"vender" como afinidad de Emilia Docet con los galleguistas surge,
según las fuentes que informan a FARO DE VIGO, de que, tras ser elegida miss
España, pasó una temporada en Vilagarcía en la casa de una prima lejana suya
que estaba casada con el médico galleguista Xosé Núñez Búa, quien seguramente le
presentó a algunas de las personaliades más representativas del partido y fue
el artífice de que Docet estuviese en actos como aquel mítin de As Arengas.Pero
de ahí no pasó la relación de Emilia con el galleguismo, se insiste desde la
familia.
No momento de ser coroada como Miss Galicia e co escudo galego na banda. |
Agora podemos dicir
que o afirmado no xornal vigués é inexacto. Cinco días despois da publicación
no Faro de Vigo, Diego Giráldez publicaba un artigo en Praza Pública que se
baseaba principalmente nas informacións de “El Pueblo Gallego”, e que desmentía
rotundamente as afirmacións desgaleguizadoras da familia Docet:
Homenaxe no Hotel Miño de Ourense o 16 de Xuño de 1933 |
“Para unha entrevista en El Pueblo Gallego do
3 de xuño de 1933 a recén elixida Miss España, a viguesa Emilia Docet
(1915-1995), recibe ao xornalista na súa casa. Segundo describe o autor da
reportaxe, ábrelle a porta a súa irmá, María Luisa. Cando Emilia irrompe no
salón, loce no seu peito unha insignia de ouro do Partido Galeguista (PG).
“Regalouma o Partido porque son afiliada. Eu vería con inmensa satisfacción que
todas as mulleres de Galicia a levaran, coma min, no seu peito”. De seguido, o
xornalista recolle como remata Emilia esta conversa: “A maior alegría da miña vida
será o día no que á nosa terra se lle conceda o seu Estatuto”.
Emilia, a muller de “democrático carácter” -tal e como a
definía un xornalista na páxina de información municipal de El Pueblo Gallego do 3 de marzo de 1933- cooperou
activamente: o mesmo xornal recolle máis adiante, por exemplo, a visita que Emilia fai ao ministro de Agricultura para pedirlle
que o goberno levantara o embargo a 7.000 familias labregas.
Eran avalistas dun empréstito estatal concedido por Primo de Rivera para
construír o primeiro matadoiro industrial cooperativo de Galicia. Un ano
despois, o diario El Compostelano recolle
na súa edición do 24 de xullo a intervención da Miss no Mitin das Arengas celebrado na Praza da Quintana,
xunto a Castelao, Bóveda, Suárez Picallo, Paz Andrade e Lugrís Freire, entre
outros. Risco, Otero Pedrayo e Cunqueiro homenaxéana en Ourense; reúnese con
agrupacións galeguistas de fóra do país... A súa implicación é innegable.
Fernández Prieto considera que Emilia Docet “tiña unha posición política
incontestable”.Ademais salienta “o seu apoio ao Estatuto, a
defensa dos cooperativistas” e conclúe que “a súa participación no galeguismo
do momento foi evidente e pública”.
Emilia Docet coa selección portuguesa nun partido en Vigo |
Dos diarios de entón non só extraemos a participación de
Emilia en actos progaleguistas; nas entrevistas, nas crónicas, atopamos xestos,
acenos, que a conectan a unha ideoloxía afín a esta liña política. Ao comezo
daquela interviú da que falabamos antes, por exemplo, a
Emilia nótaselle un tanto molesta: vén de Cataluña,agotada da viaxe. Anoxada, afirma. “Xa vin a anécdota que publicastes do meu bico a Macià. Insisto en
que Maciá é un símbolo. A Galicia faille falla, moitísima falla, un home como
Macià”, dille ao xornalista. Con toda probabilidade Emilia
refírese a Francesc Macià, un histórico do independentismo catalán.”
Pero se cadra, e se non
eran abondo as proprias palabras de Docet sobre o seu ingreso no galeguismo,
faltaban probas contundentes que certificasen a súa militancia galeguista. En 1933, La Voz, xornal madrileño, publicaba una nota cativa onde se
anunciaba por parte do partido galeguista o ingreso no mesmo por parte da
señorita Emilia Docet:
Anuncio do Mitin das Arengas |
Ademais da xa coñecido Mitin das Arengas de 1934 onde dará un discurso acompañada de Mercedes Docampo e os líderes galeguistas máis importantes e a súa solidariedade pública cos labregos de O Porriño nun conflito social, Emilia Docet é recibida no Lar Gallego de Madrid por Castelao, Osorio Tafall e Vilar Ponte, como podemos comprobar neste documento da época:
É dicir, Emilia Docet militou en realidade no Partido Galeguista, no Grupo de Vigo, no que ingresou no ano 1933, e non foi unha simples casualidade derivada de relacións persoais. Lamentabelmente unha vez chegada a Guerra Civil, Emilia Docet abandonará ata a súa morte toda relación co galeguismo, e para limpar o seu expediente, doará sangue publicamente para os feridos do bando nacional. Pero esas son, sen dúbida, outras historias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario