jueves, 6 de marzo de 2014

O lucense que introduciu a música de Bach e de Stravinsky nas bandas municipais: Manuel López Varela.



Manuel López Varela naceu en Lugo en 1895 e fixo os seus primeiros estudos co Mestre da Capela da Catedral de Lugo, Gregorio Bandot. Despois continuou estudos co Mestre Vega. En 1917, con 22 anos, é nomeado director da Banda Municipal de Albacete. En 1921 consigue o primeiro premio do Certame Nacional de Bandas pola súa interpretación de “Entroido Romano” do compositor Berlioz e a “Segunda Rapsodia da Mancha” do Mestre Vega.
Fotografiado cando toma posesión do seu cargo de Director da Banda Municipal de Madrid


En 1928 foi nomeado director da banda “Unión Musical de Llíria” co que acadou un ano despois o primeiro premio do Certame de Bandas de Música de Valencia, nesta ocasión coa interpretación da Obertura do Tannhaüser e “As Eólidas” de César Frank. En 1931 volvería a acadar a mención primeira no mesmo festival, desta vez cunha interpretación de “Boite á Músique” de Debussy.
Co seu uniforme de director

Como compostor acadou varias mencións e premios como a do Concurso de Zarzuelas de Zamora coa súa composición “La Suerte”, baseada nun libreto dos irmáns Quintero. É autor tamén de: “Nostalgia” para violonchello e piano, “A choqueirada”, poema galego para voces ou “Alborada no Priorato”. No ano 1932 estrea coa Orquestra Sinfónica de Madrid, a obra: “Interpretación orquestal de la Tocata y fuga en re menor de Bach”, acadando un grande éxito.

Durante os anos republicanos transcribiu a obra de Stravinsky “O paxaro de fogo” para a Banda Republicana.
En 1944 será nomeado Director da Banda Municipal de Madrid coa que debutará o 14 de Marzo de 1945 e nese mesmo ano será designado Presidente da Asociación de Bandas Municipais.
No tribunal para as oposicións para Directores de banda. Ano 1949

Recibiu o título de Fillo Predilecto da cidade de Lugo en 1947 durante un concerto da Banda Municipal de Madrid nesta cidade.
Manuel López Varela finou o 3 de setembro de 1950.

 
Enterro de Manuel López Varela en 1950

No hay comentarios:

Publicar un comentario