viernes, 4 de abril de 2014

Castelao e Suárez Picallo visitan o cuartel Carlos Marx.


Castelao chega á cidade condal na primavera de 1937 procedente de Valencia. Foi Barcelona un dos lugares onde Castelao desenvolveu unha actividade política e cultural máis intensa. En Febreiro de 1938, o Estatuto Galego toma estado parlamentario nas Cortes reunidas en Monserrat. Na época en que se toma a fotografía, Barcelona sofre de bombardeos continuos e Castelao e a súa dona, Virxinia Pereira, deben abandonar a súa vivenda na rúa Balmes, tras a caída dunha bomba na que Castelao debe ser auxiliado pola súa esposa para saír do edificio.


A finais de Setembro de 1938, una comisión de deputados galegos, con Castelao e Suárez Picallo como representantes máis relevantes, realiza una visita no famoso Cuartel Carlos Marx de Barcelona dentro das actividades políticas de Castelao na cidade condal. O “Carlos Marx” era un antigo cuartel de infantaría que se atopaba detrás da Ciudadela e que durante os anos da guerra civil foi reconvertido en centro de operación das Milicias Antifascistas. Nel acabaron algúns destacamentos das Brigadas Internacionais e tamén as tropas vascas despois da caída das liñas do Norte