jueves, 20 de marzo de 2014

Documentos para a recuperación da memoria lucense (I): Luis Pimentel, Francisco Lamas e un cadro de Colmeiro.

Autorretrato de Colmeiro

O 4 de Marzo de 1934 o xornal “El Progreso” publica una carta de Francisco Lamas, o derradeiro alcalde republicano de Lugo, dirixida ao poeta Luis Pimentel. Nesa carta aberta, Lamas, aproveitando a intención de Pimentel de contratar una obra do pintor Colmeiro para o Círculo das Artes, fai una crítica feroz do ambiente da sociedade e das cavernas da cidade, contrarias a mudar o aspecto artístico da entidade, nunha estampa de grande valor histórico local. A relación de Luis Pimentel co Círculo das Artes é de sobra coñecida e foi un dos impulsores da súa actividade cultural. 
Francisco Lamas e o escritor Pepe Gayoso
Lamas tamén abre un debate artístico contra a concepción conservadora dos vellos dirixentes locais. Metáfora de dous xeracións locais e galegas, os “Ronseis” e os “Yunques”, e dúas visións galeguistas diferentes. Unha, a dos anos vinte, máis galega pero menos política, e outra, a dos 30, defensora dos valores republicanos e situada máis á esquerda.

O poeta Luis Pimentel sentado ao fondo na mesa da esquerda. Ao seu carón, Celestino Fernández de la Vega e o farmacéutico galeguista Antonio Figueroa

Réplica a Luis V. Pimentel

“Una vez más la generosa sensibilidad del fino espíritu del poeta tan sutil, lanza su pequeño grito de guerra y de paz, una vez más, desde luego, no encontrará el eco de una respuesta.
¿Pero crees tú que interesa hablar de arte? … Aquella frase de Larra, tan redicha, de que en España escribir es llorar, tenemos aquí que traducirla nosotros diciendo en este caso que en Círculo de las Artes es posible encontrarlo todo, desde el elegante <damiselo> hasta el político de altura, pero Arte y mucho menos Artes es muy probable que no aparezcan sino en el letrero de la fachada.
Parece imposible que se quede tan sola tu voz escondida entre las columnas de esa otra Voz tan satisfecha, pero los imposibles son archiposibles entre nosotros, y ni el Círculo encargará a Colmeiro, a ese espléndido redentor del paisaje gallego, ni cuadros ni (…), ni nosotros podremos sacar de encima la pesadilla deseos feos cuadros de la escalera del Círculo, que ni tienen carácter, ni valor, ni belleza, ni encanto de ninguna clase; no son viejos ni nuevos, son simplemente absurdos y hasta si mucho me apuras te diré que indecorosos y que por antihigiénicos había que sacarlos de allí.
Pero esto no interesa, ya que como no estorban para jugar al dominó, ni para el regodeo carnavalesco, nadie tendrá la ocurrencia de sustituirlos por la deliciosa pintura mural que podría colgar Colmeiro.
Colmeiro es en este momento el más destacado valor de la pintura campesina; tú lavaste a Souto con escándalo de los vejetes de la popular Sociedad y purificaste el ambiente de salón; llevar a Colmeiro a la escalera sería llevar un aliento de campo, sano, con esa honrada ingenuidad con que pinta Colmeiro, a la entrada misma del Círculo y que limpiaría el aire que se respira allí, pondría un poco de vida en algo tan muerto, ennoblecería la sociedad al dar a la escalera un rango, una categoría honorífica de la que hoy carece por ese aspecto de escalera de hotel de provincias que sin querer se le encuentra.
Colmeiro justificaría el arte en el Círculo y éste podría decir que tenía pinturas de un hombre de campo gallego que es uno de los pocos pintores de la España de hoy. Ti irías al Círculo con más alegría y quizás con más valor, la gente aprendería a utilizar los ojos, todos saldríamos ganando y la Directiva habría hecho algo más que tomar café y comprar barajas; pero yo me temo que tengas que curar un poco tu preocupación (…) y ocuparte en público de algo que los sentidos varones calificarán de verdaderamente útil y trascendente: por ejemplo, si es preferible curar los catarros con aguardiente o con la <asperina>. Creo que así merecerás bien de la patria y podré admirarte dentro de poco en la Academia.
El arte es una una psicosis, dice ese libro sublime que se llama Espasa, de manera que el Círculo no encargará los cuadros a Colmeiro, la escalera seguirá con aquellos adefesios y tú, además de perder el tiempo, te has clasificado según el Espasa."

Francisco Lamas.


jueves, 13 de marzo de 2014

As xornadas médicas galegas de Lugo. Ano 1933.

Os asistentes ás portas do Hospital de Santa María. 
De entre a multitude de actividades realizadas na cidade das murallas coa chegada do goberno republicano temos que destacar as III Xornadas Médicas Galegas celebradas no Pazo Provincial os días 11, 12 e 13 de Agosto de 1933. Aquelas xornadas médicas, tristemente esquecidas, foron un verdadeiro congreso galaico portugués de medicina, apenas comparable en número de asistentes, con nomes fundamentais para a historia galega, a aquel Congreso de Economía Galega que se celebrou en Lugo en 1925.
O programa anunciábase cunha nutrida presenza de médicos portugueses. Prometíanse tres relatorios principais: O primeiro titulado “Hixiene da vivenda rural en Galicia” tería como autores ao arquitecto Antonio Palacios, Castelao (que se anuncia como médico), Regueiro López e Cruz Gallastegui.
Rodríguez Cadarso. Presidente das Xornadas
Finalmente só Regueiro López presentaría a súa parte nas xornadas porque Castelao e Cruz Gallastegui non puideron asistir. Descoñecemos se Castelao e Cruz Gallastegui escribiron finalmente o relatorio aínda que non puideran presentalo. O segundo levaba por título “A lepra en Galicia e Portugal” sendo os relatores Manuel Villar Iglesias, Gayanes Cedrón e o dermatólogo lucense Ricardo López Pardo. O terceiro “Problemas sanitarios da emigración e inmigración en Galicia” sería realizada por Souto Beavis, Enrique Hervada, o inspector provincial da sanidade de Lugo, Julio Freijanes, e o director da Maternidade de Lugo, Xermán Alonso Hortas.
O comité organizador estaba composto polo presidente de honra, Dr.José Goyanes; presidente efectivo, doutor Alejandro Rodríguez Cadarso, reitor da Universidade de Santiago; vicepresidente, Dr. Manuel Villar Iglesias, profesor da Facultade de Santiago; Dr. José Lomas Díaz, presidente do Colexio Médico de Lugo; Dr. Roberto Nóvoa Santos, catedrático da Facultade de Medicina de Madrid; Dr. Antonio  Novo Campelo, decano da Facultade de Medicina de Santiago; secretario xeral, Dr. Francisco Bacariza Varela; secretarios adxuntos, Dres. Juan Varela Gil e Ángel Jorge Echeverry. O comité lucense estaba formado por José Lomas Díaz e Manuel Pardo Valiña.
Xosé Lomas. Comité organizador de Lugo

Finalmente, as xornadas comezaron o 12 de Agosto no salón de actos da Deputación de Lugo baixo a presidencia do ministro de gobernación, Casares Quiroga. “El Progreso” infórmanos da imposibilidade de comezar as xornadas o día 11, como estaba previsto, e que foron engalanados con iluminacións os edificios principais da cidade. Tamén foi organizado un concerto da banda municipal en homenaxe aos asistentes e o último día tamén actuaría o coro Flores e Silveiras. Non todas as comunicacións foron lidas na cidade de Lugo. A primeira delas, a que tiña que ser exposta por Castelao e Cruz Gallastegui, foi lida no Cebreiro, na excursión que os asistentes realizaron por Samos, Pedrafita, Balneario do Incio, Sarria, Becerreá e Vilapedre, e segundo as crónicas fíxose “ante las rústicas y originales Pallozas”. Despois viñeron as conferencias: as portuguesas e as galegas. Dentro destas últimas destacan as conferencias de Rafael de Vega Barrera (fusilado na guerra civil), o famoso doutor lucense Leopoldo Gasalla ou o ourensán Peña Rey. Tivo moito suceso a conferencia impartida polo doutor lucense Alonso Hortas, padrasto dos Pimentel e un dos responsábeis da homenaxe a Castelao no ano 1932, co título “Profilaxe da difteria” e a de Ángel del Castillo que para distender as xornadas impartiu unha conferencia sobre as lendas no Cebreiro.
O oftalmólogo lucense Leopoldo Gasalla
Houbo tamén sesións operatorias e aulas prácticas no Hospital de Santa María e a proxección de dous filmes. Un portugués “O novo pavillón de radio no Instituto portugués de Oncoloxía” e o segundo de López Lacarrère: “Electrodiafaquia”.
Na clausura déronse lectura ás conclusións que publicamos ao final deste artigo e convidouse para as seguintes, na cidade de Ourense, e solicitan unha mudanza no nome para que pasen a ter o nome de “Xornadas Médicas Galaico-Portuguesas”.
Algunhas conclusións da comunicación sobre a emigración:
1.       A emigración transoceánica e continental constitúe en Galicia un fenómeno social de grande importancia demográfica.
2.       Para posteriores estudos deste fenómeno imponse unha maior precisión e especialización das estatísticas oficiais.
3.       A causa principal da emigración é o desequilibrio económico producido pola desproporción entre a poboación e a riqueza explotada.
4.       A miseria compele singularmente aos individuos menos especializados, que forman o núcleo principal da masa emigratoria.
5.       O seu traballo desvalorizado nos países de inmigración obrígalles a toda sorte de privacións de reflexión sanitaria.
6.       A repatriación ten con frecuencia por causas a doenza, e principalmente a tuberculose.
(...)
9. A vivenda e os costumes de Galicia favorecen a difusión das doenzas contraídas polos emigrantes no estranxeiro.
(...)
11. Debe contrarrestarse a emigración por medio da creación de novas fontes de riqueza agropecuaria.
(...)
13. Despois de protexelos sanitariamente antes do embarque e durante a viaxe, débeselles tutelar física, moral e materialmente, concertando previsoramente tratados internacionais que condicionen o traballo segundo leis sociais de carácter universal, para que os nosos emigrantes se sintan en todo momento asistidos da influencia da súa propia patria no estranxeiro.
14. É de moita importancia social que os médicos dos nosos Centros Benéficos en América non perdan o tempo intentando curar aos nosos compatriotas cun tratamento médico ambulatorio. O científico é envialos a España cando un diagnóstico precoz poda facer eficaz o plan hixiénico, dietético e cirúrxico.

17. Os fondos procedentes do “tesouro do emigrante”, o seguro contra a tuberculose, un consorcio financiado por Deputacións e Municipios galegos, a implantación con carácter de obriga do selo postal sanitario, o produto da renda de monopolios sobre a venda de determinadas substancias –tabaco- poderían constituír as principais fontes de ingreso quen de atender todas as necesidades da loita.
Visitando o Cebreiro

lunes, 10 de marzo de 2014

Crónica fotográfica: Homenaxe a Castelao despois da súa viaxe á Unión Soviética.


O 5 de Xuño de 1938 celébrase en Barcelona unha homenaxe aos deputados que viaxaron á Unión Soviética en representación do goberno republicano. Aquela viaxe, para asistiren ao Primeiro de Maio de 1938, fíxose dentro dunha comitiva máis ampla de deputados europeos convidados polo goberno soviético. No retorno, o xornal barcelonés La Vanguardia, recolle varias fotografías das homenaxes e conferencias que se organizaron para agasallar aos políticos e intelectuais que viaxaron, entre eles, Castelao.

Castelao conversando con algúns dos asistentes á homenaxe
   
Asistentes ao acto

 
Días despois, en Madrid, nunha conferencia co doutor Márquez

jueves, 6 de marzo de 2014

O lucense que introduciu a música de Bach e de Stravinsky nas bandas municipais: Manuel López Varela.



Manuel López Varela naceu en Lugo en 1895 e fixo os seus primeiros estudos co Mestre da Capela da Catedral de Lugo, Gregorio Bandot. Despois continuou estudos co Mestre Vega. En 1917, con 22 anos, é nomeado director da Banda Municipal de Albacete. En 1921 consigue o primeiro premio do Certame Nacional de Bandas pola súa interpretación de “Entroido Romano” do compositor Berlioz e a “Segunda Rapsodia da Mancha” do Mestre Vega.
Fotografiado cando toma posesión do seu cargo de Director da Banda Municipal de Madrid


En 1928 foi nomeado director da banda “Unión Musical de Llíria” co que acadou un ano despois o primeiro premio do Certame de Bandas de Música de Valencia, nesta ocasión coa interpretación da Obertura do Tannhaüser e “As Eólidas” de César Frank. En 1931 volvería a acadar a mención primeira no mesmo festival, desta vez cunha interpretación de “Boite á Músique” de Debussy.
Co seu uniforme de director

Como compostor acadou varias mencións e premios como a do Concurso de Zarzuelas de Zamora coa súa composición “La Suerte”, baseada nun libreto dos irmáns Quintero. É autor tamén de: “Nostalgia” para violonchello e piano, “A choqueirada”, poema galego para voces ou “Alborada no Priorato”. No ano 1932 estrea coa Orquestra Sinfónica de Madrid, a obra: “Interpretación orquestal de la Tocata y fuga en re menor de Bach”, acadando un grande éxito.

Durante os anos republicanos transcribiu a obra de Stravinsky “O paxaro de fogo” para a Banda Republicana.
En 1944 será nomeado Director da Banda Municipal de Madrid coa que debutará o 14 de Marzo de 1945 e nese mesmo ano será designado Presidente da Asociación de Bandas Municipais.
No tribunal para as oposicións para Directores de banda. Ano 1949

Recibiu o título de Fillo Predilecto da cidade de Lugo en 1947 durante un concerto da Banda Municipal de Madrid nesta cidade.
Manuel López Varela finou o 3 de setembro de 1950.

 
Enterro de Manuel López Varela en 1950

miércoles, 5 de marzo de 2014

Otero Pedrayo en "Finisterre. Revista de Galicia". Un artigo.


Co seudónimo de Santiago Amaral, Don Ramón Otero Pedrayo publicou artigos en diferentes revistas e xornais despois da guerra civil. Un deles, recollido no libro "Artigos de posguerra: Finisterre e Sonata Gallega", con introdución de Xosé Manuel Salgado, é o que publicamos pero na súa edición orixinal. O artigo leva por título "Nosa Señora das Agras". A revista Finisterre foi unha revista dos anos 40 editada en Pontevedra e que tiña como director a Emilio Candia e como redactor-xefe a Celso Emilio Ferreiro. A edición orixinal é de xuño de 1944.



martes, 4 de marzo de 2014

Emilia Docet: De “Miss España” a militante do Partido Galeguista.


O 24 de Abril do ano 2013 un artigo do Faro de Vigo afirmaba que Emilia Docet (1915-1995), a famosa miss España que se converteu no símbolo público do galeguismo dos anos 30, non tiña apenas relación co mundo organizado do galeguismo. No xornal vigués publicábanse unhas declaracións da familia de Emilia Docet:

Emilia Docet na popular revista Estampa
"El ambiente de los nacionalistas de Vilagarcía le agradó mucho por el tono intelectual e idealista de sus conversaciones, que contrastaba con el ambiente que había vivido antes en Vigo y especialmente el que había tenido que pasar durante los concursos de belleza, a los que había sido empujada por una parte de su familia, pero para Emilia Docet el galleguismo fue algo circunstancial y, su actuación en el histórico mítin de As Arengas en 1934, una casualidad". La familia de Emilia Docet ha roto el silencio mantenido durante años en torno a la que, en 1933, fue elegida Miss España para, en palabras de su portavoz e hijo, Francisco Novoa Docet, desmentir las tergiversaciones que se han hecho de la imagen de su madre y, muy especialmente, aquellas que atañen a los calificativos de "musa del galleguismo" o "musa de los republicanos gallegos", calificativos que, sostiene, no se ajustan para nada a la realidad. "Que mi madre simpatizó con algunos galleguistas es cierto, pero nunca militó en ese partido ni se dedicó a hacer campaña electoral". Y es que a los 17 años, no era precisamente la política el tema que mayormente ocupaba y preocupaba a aquella bella mujer.
Emilia Docet recibida por autoridades en Vilagarcía
Lo que se ha pretendido "vender" como afinidad de Emilia Docet con los galleguistas surge, según las fuentes que informan a FARO DE VIGO, de que, tras ser elegida miss España, pasó una temporada en Vilagarcía en la casa de una prima lejana suya que estaba casada con el médico galleguista Xosé Núñez Búa, quien seguramente le presentó a algunas de las personaliades más representativas del partido y fue el artífice de que Docet estuviese en actos como aquel mítin de As Arengas.Pero de ahí no pasó la relación de Emilia con el galleguismo, se insiste desde la familia.

No momento de ser coroada como Miss Galicia e co escudo galego na banda.
Agora podemos dicir que o afirmado no xornal vigués é inexacto. Cinco días despois da publicación no Faro de Vigo, Diego Giráldez publicaba un artigo en Praza Pública que se baseaba principalmente nas informacións de “El Pueblo Gallego”, e que desmentía rotundamente as afirmacións desgaleguizadoras da familia Docet:
Homenaxe no Hotel Miño de Ourense o 16 de Xuño de 1933
“Para unha entrevista en El Pueblo Gallego do 3 de xuño de 1933 a recén elixida Miss España, a viguesa Emilia Docet (1915-1995), recibe ao xornalista na súa casa. Segundo describe o autor da reportaxe, ábrelle a porta a súa irmá, María Luisa. Cando Emilia irrompe no salón, loce no seu peito unha insignia de ouro do Partido Galeguista (PG). “Regalouma o Partido porque son afiliada. Eu vería con inmensa satisfacción que todas as mulleres de Galicia a levaran, coma min, no seu peito”. De seguido, o xornalista recolle como remata Emilia esta conversa: “A maior alegría da miña vida será o día no que á nosa terra se lle conceda o seu Estatuto”.
Emilia, a muller de “democrático carácter” -tal e como a definía un xornalista na páxina de información municipal de El Pueblo Gallego do 3 de marzo de 1933- cooperou activamente: o mesmo xornal recolle máis adiante, por exemplo, a visita que Emilia fai ao ministro de Agricultura para pedirlle que o goberno levantara o embargo a 7.000 familias labregas. Eran avalistas dun empréstito estatal concedido por Primo de Rivera para construír o primeiro matadoiro industrial cooperativo de Galicia. Un ano despois, o diario El Compostelano recolle na súa edición do 24 de xullo a intervención da Miss no Mitin das Arengas celebrado na Praza da Quintana, xunto a Castelao, Bóveda, Suárez Picallo, Paz Andrade e Lugrís Freire, entre outros. Risco, Otero Pedrayo e Cunqueiro homenaxéana en Ourense; reúnese con agrupacións galeguistas de fóra do país... A súa implicación é innegable. Fernández Prieto considera que Emilia Docet “tiña unha posición política incontestable”.Ademais salienta “o seu apoio ao Estatuto, a defensa dos cooperativistas” e conclúe que “a súa participación no galeguismo do momento foi evidente e pública”.
Emilia Docet coa selección portuguesa nun partido en Vigo
Dos diarios de entón non só extraemos a participación de Emilia en actos progaleguistas; nas entrevistas, nas crónicas, atopamos xestos, acenos, que a conectan a unha ideoloxía afín a esta liña política. Ao comezo daquela interviú da que falabamos antes, por exemplo, a Emilia nótaselle un tanto molesta: vén de Cataluña,agotada da viaxe. Anoxada, afirma. “Xa vin a anécdota que publicastes do meu bico a Macià. Insisto en que Maciá é un símbolo. A Galicia faille falla, moitísima falla, un home como Macià”, dille ao xornalista. Con toda probabilidade Emilia refírese a Francesc Macià, un histórico do independentismo catalán.”


Pero se cadra, e se non eran abondo as proprias palabras de Docet sobre o seu ingreso no galeguismo, faltaban probas contundentes que certificasen a súa militancia galeguista. En 1933, La Voz, xornal madrileño, publicaba una nota cativa onde se anunciaba por parte do partido galeguista o ingreso no mesmo por parte da señorita Emilia Docet:



Anuncio do Mitin das Arengas
Ademais da xa coñecido Mitin das Arengas de 1934 onde dará un discurso acompañada de Mercedes Docampo e os líderes galeguistas máis importantes e a súa solidariedade pública cos labregos de O Porriño nun conflito social, Emilia Docet é recibida no Lar Gallego de Madrid por Castelao, Osorio Tafall e Vilar Ponte, como podemos comprobar neste documento da época:
É dicir, Emilia Docet militou en realidade no Partido Galeguista, no Grupo de Vigo, no que ingresou no ano 1933, e non foi unha simples casualidade derivada de relacións persoais. Lamentabelmente unha vez chegada a Guerra Civil, Emilia Docet abandonará ata a súa morte toda relación co galeguismo, e para limpar o seu expediente, doará sangue publicamente para os feridos do bando nacional. Pero esas son, sen dúbida, outras historias.

lunes, 24 de febrero de 2014

Lugo 1931. O primeiro de Maio máis galeguista.

Primeiro de Maio. Lugo. 1931.



O día anunciaba Dianas e Alboradas na cidade. Dúas semanas antes, a república era proclamada. Ás once horas e un cuarto, diante do centro obreiro situado en Bispo Izquierdo, agora bautizado co nome, máis acorde cos novos tempos, de Pablo Iglesias, ateigábase a moitedume. A Banda Municipal e a Banda “La Lira” entoaron os primeiros compases desa canción en que todos pensamos e todo estaba soñado daquela forma. Carlos Vázquez Fernández-Pimentel e Ánxel Fole Quiroga falarían ao rematar a manifestación.  Carlos Pimentel lembrou a figura de Pablo Iglesias e o seu paso por Lugo, defendeu as novas incidencias históricas coa arte mesma que aprendera da súa familia. Ánxel Fole defendeu a República Federal e criticou o choemento do centralismo. O primeiro en representación do Partido Socialista, o segundo polo Partido Republicano Radical Socialista. O día rematou cunha xira campestre nas beiras do Miño. En decembro dese mesmo ano creábase o Partido Galeguista. En Lugo chegaría a superar os 150 afiliados. Un ano máis tarde Carlos Pimentel conseguiría traer a Castelao para facerlle unha homenaxe. Todo estaba soñado daquela forma. Sen embargo, cinco anos e uns cantos meses despois, Avelino López Otero, un dos redactores do estatuto galego, daba a vida tras unha malleira entre as paredes dun centro de detención fascista na praza maior de Lugo.

Carta de Carlos Pimentel 1932.