Castelao e Suárez Picallo visitan o cuartel Carlos Marx.
Castelao chega á
cidade condal na primavera de 1937 procedente de Valencia. Foi Barcelona un dos lugares onde Castelao desenvolveu unha actividade política e cultural máis intensa. En
Febreiro de 1938, o Estatuto Galego toma estado parlamentario nas Cortes
reunidas en Monserrat. Na época en que se toma a fotografía, Barcelona sofre de
bombardeos continuos e Castelao e a súa dona, Virxinia Pereira, deben abandonar
a súa vivenda na rúa Balmes, tras a caída dunha bomba na que Castelao debe ser
auxiliado pola súa esposa para saír do edificio.
A finais de
Setembro de 1938, una comisión de deputados galegos, con Castelao e Suárez Picallo
como representantes máis relevantes, realiza una visita no famoso Cuartel
Carlos Marx de Barcelona dentro das actividades políticas de Castelao na cidade
condal. O “Carlos Marx” era un antigo cuartel de infantaría que se atopaba
detrás da Ciudadela e que durante os anos da guerra civil foi reconvertido en
centro de operación das Milicias Antifascistas. Nel acabaron algúns
destacamentos das Brigadas Internacionais e tamén as tropas vascas despois da
caída das liñas do Norte
No hay comentarios:
Publicar un comentario