Documentos para a recuperación da memoria lucense (II): O Gobernador Civil de Lugo, Ramón Ferreiro, e a súa
colaboración co nazismo.
|
Ramón Ferreiro nun mitin falanxista |
A principios de
Febreiro de 1942 o axente consular nazi en Monforte de Lemos, faille entrega a
Ramón Ferreiro Rodríguez-Lago, Gobernador Civil de Lugo e Xefe Provincial do
Movemento, dunha insignia moi especial. Era a Orde do Mérito da Aguia Alemá.
Esa condecoración foi creada por Adolf Hitler en 1937 para aqueles estranxeiros
que se destacaran no apoio á causa nacional socialista. Ao acto asistiron autoridades lucenses e
xerarquía falanxista. É recollido polas páxinas de “El Pueblo Gallego”.
|
Nova de "El Pueblo Gallego". Febreiro de 1942. |
O certo é que
durante os anos que Ramón Ferreiro Rodríguez foi o máximo responsábel (1938 a
1943 -non desde 1939 como aparece nalgunhas publicacións-) do movemento
franquista na provincia, a construción e actividade do exército hitleriano en
Lugo serían claramente potenciadas. Neses anos constrúense as torres do Arneiro
en Cospeito, que serían os piares das comunicacións nazis para o norte de
Europa durante a guerra, probabelmente creadas a instancias do responsábel da
Gestapo en Sevilla, Gustav Draeger, e posteriormente tamén o emprego do aeródromo
de Rozas. Se ben o uso frecuente do
aeródromo prodúcese no intermedio en que Ramón Ferreiro Rodríguez deixa eses
cargos polo seu nomeamento
|
Orde do Mérito da Aguia Alemá |
como Director Xeral de Ensinanza Profesional e
Técnica, non temos dúbida que a condecoración nazi ten que ver coa colaboración
de Ferreiro nestes dous proxectos. A orde do Mérito non era entregada máis que
a simpatizantes e colaboradores do réxime nazi, segundo varios historiadores, e
era a máxima distinción que o Terceiro Reich dispensaba aos estranxeiros.
|
Libro de Ferreiro Rodríguez co seudónimo Jacinto Soledad |
Ramón Ferreiro
Rodríguez ten unha avenida en Lugo e a distinción da Medalla de Ouro da cidade.
O concello aprobou a súa retirada do rueiro municipal pero a día de hoxe
continúan as distincións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario